A dorna Fuxe ganha a XXII Regata dos Faros!

Estabades máis que avisad@s! Este sábado 29 de xuño celebramos a XXII edición da Regata dos Faros de dornas á vela.

Un total de 23 dornas d’Ogrove, da Ilha, de Cambados e de Vigo xuntámonos nunha tarde que, até á hora da saída, parecía calminha

As dornas amarradas antes de saír.

A diferenza doutras edicións, este ano deuse a saída desde o pantalán/dique de Peralto. Como outras veces, a primeira virada sería na baliza do Arido e a segunda no Faro Pragheiro. Despois, as dornas virarían nas primeiras bateas de Meloxo para vir acabar a regata no espighón (melhor sen tocalo 😉 ).

Panorámica da saída.

O vento e o mar estiveron calminhos toda a manhá, mais as previsións xa apuntaban que a reghata non ía ser fácil. Aí ás 16h comezou a soprar do noroeste, así que o primeiro largho foi directo ao Arido…

Entre tanta batea, onde estará a baliza?

Á medida que se foron esquivando as bateas, a baliza víase máis clara, e o vento entraba con algo máis de forza.

A cabeza no primeiro largo: Cambados, Ogrove e a Ilha!
Panorámica do inicio da regata.
As primeiras dornas na virada do Arido.

Ao iren as dornas pasando a baliza, ía tamén o vento subindo. Algúns barcos continuaron proa a norte, e outros preferiron virar mais cedo rumo ao Sinás…

Algunhas dornas viraron rápidamente ao pasaren o Arido.


No interior da Ría, o mar ía colhendo forza, e o vento era ía levantando máis, con refachos de máis de 15 nós.

Dúas dornas e o Miña Miniña chegando ao Sinás.

Con este tempo, comezaron as queixas: alghunha vergha partida, varas polo mar abaixo, trasluchadas sen querelas, e alghún “vamos p’a terra que que c*r#lh@ vamos fazer alá”… 😉

Apesar de todo, non houbo danos persoais, e grazas á colaboración dos voluntarios (obrigados especialmente a Celes e ao noso Carcamán) non houbo problemas serios.

Botándolhe un cabo á Nova Froiña

Das 23 dornas que comezaron, só 9 acabaron a reghata (á vela chegaron 10, mais a 10ª tomouno con calma e o xurado cansou de esperar…).

Ao chegar a terra, como é habitual, non faltou de comer nin de beber, e ao acabar, entrega de premios. O conto acabou máis ou menos así:

  1. Fuxe
  2. Forza R
  3. Xarandeira
  4. Lixeiriña
  5. Rosalía
  6. Toxiña
  7. Cormorán de Ons
  8. Montañesa
  9. Madorniña
  10. Funqueira
  • Roxiña
  • Bandalha
  • Fungona
  • Noelia
  • Lara Doce
  • Triñana
  • Jalerna
  • Marijuana
  • Nova Froiña
  • Chunga
  • Julicheira
  • Pancha
  • Oliña

Un ano máis, a Fuxe vence a Regata do Faros! Parabéns a Manolo e a Brais Parada

Os campeóns a recolher os trofeus (A Factoría Atelier)

Non nos vamos sen agradecer, máis unha vez, a todas as persoas que colaboraron preparando a regata, a comida, limpando o local, axudando desde os barcos de apoio, sacando fotografías (Estudio Interfilm e Lino Prieto), etc., e por suposto a todos os participantes!

Aquí podedes ver unha galería de fotos da regata, e un vídeo aéreo cortesía de Recinet Salnés!

Un comentario en “A dorna Fuxe ganha a XXII Regata dos Faros!

Deixa una resposta a Fernando Piñeiro Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*