A dorna Fuxe, ganhadora da X Regata Porto Meloxo!

Nunha tardinha agradábel, con ventinho do noroeste durante toda a tarde, xuntámonos 17 dornas na area de Porto Meloxo.

Aparelhadas antes da saída.

O percorrido, máis ou menos o de sempre: saír do porto, deixar o Faro das Pedras por couso, vir a terra pola Mexilhoeira e volta a Moreiras. Así dúas voltas 🙂

A saída, como é habitual, foi bonita e divertida. Uns optaron por boghar até ben saídos da praia, outras subiron vela tan pronto puderon e alghún non lhe daba vento a montar o temón…

 

Publicado por Alberto Montenegro Rías Baixas em Domingo, 17 de Setembro de 2017

Saír do porto non foi tan fácil: o venho sopraba máis ben do oeste, así que houbo que facer como mínimo un par de bordos esquivando as pedras.

Caza escota!

Para chegar ao faro fixo falta (polo menos) unha boa bolina. A Fuxe e a Nécora xa destabacan na primeira volta. O vento continuaba do oeste rolando a norte, polo que pasado o faro xa se podía vir nun largo.

Na segunda volta o vento subiu un pouquinho, e quen bolinou ben entre as bateas pudo recuperar alghunha que outra posición. A Fuxe e a Nécora loitaban aí pola primeira posición. Pola cola, a Beliña e a Toxiña preferiron baixar a vela.

Na empopada final, Manolo e Brais Parada (Fuxe) chegaron primeiros, seguidos pola Nécora e pola Marijuana.

A Marijuana chegando á meta.

Os últimos metros foron moi competitivos para un grupinho de dornas que chegaba despois, e que loitaron até chegar á meta para non perder a posicións.

A Lara Doce e os xuizes ao axexo…

E a Chunga…

A cousa acabou así:

  1. Fuxe
  2. Nécora
  3. Marijuana
  4. Mimela
  5. Noelia
  6. Nova Froiña
  7. Lara Doce
  8. Cormorán de Ons
  9. Chunga
  10. Montañesa
  11. Maraxe
  12. Rosalía
  13. Calloa
  14. Funqueira
  15. Fanequeira
  • Toxiña
  • Beliña

E non nos esquecemos da Julicheira, a Sica e a Muller de Balboas, que non competiron mas que navegaron á vela polo campo de regatas 🙂

As (pen)últimas dornas chegando ao porto…

Para non perder as tradicións, a cuchipanda tamén foi boa: materia prima do primer mío, camisolas para as tripulacións e unhas fermosas acuarelas de Carlos Besada para o podium!

Parabéns campeóns!

Obrigados ao Bar O Porto, á Taberna Meloxeira, a todas as lanchas de apoio, e as todas as persoas que colaboraron antes, durante e despois da regata. Po ano máis!

Máis?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*