Publicado o Setembro 7, 2016
A Marijuana arrasou en Miami!
…e falamos de dornas!
Este pasado sábado celebramos a IV Regata de Dornas á Vela “Camping Miami Playa”, no porto de Pedras Negras.
Algunhas dornas xa chegaran por mar uns días antes, outras pola manhá, e outras a tempo para a regata… de calquer maneira, houbo que empurrar polas 15 dornas que competían.

Deixádeme sitio!
Dornas na praia, mentres uns baixaban as últimas, outros aparellaban, outros limpaban o verdelho…

Posta a punto para a saída
O vento parecía pouco, e a predición non daba moito máis, así que era un día bo para meterlle o vicio no corpo a tripulantes novos…

De patrón outro día! Hoxe chaleco e a aprender!
Outros non tan novos…

A min non me saques na foto!
Aínda que os veteranos non faltaron!

Que me dás aquí? As istrusións?
Antes da saída, fixéronse un par de bordinhos de reconhecemento, e a organización propuxo un par de voltas a un circuito que saía de Pedras Negras e chegaba á punta dos Raeiros.
A regata saíu con vento suavinho do oeste…
E o vento foi caíndo…

Mimadrinha… dúas voltas? Acabamos pa dominco!
Mais chegando á boia de virada, o vento entrou un pouquinho, e as dornas puderon remontalo bolinando proa a Ons.
Uns saíron bastante da costa, mentres outros preferiron virar para terra antes…

Proa ao porto que si que nos dá!
O ventinho foi entrando, aínda que a dúas voltas se ían facer moi longas: a organización decidiu reducir a regata e mandou as dornas para a Area da Cruz despois da primeira volta.
Mentres tanto, os barcos achegábanse á boia de saída…

A Lara Doce e a Fuxe parecía que ían en cabeza!

Vamos ben, ou non?
O conto é que o vento por terra non deixaba de baixar, e por fóra continuaba constante, así que a Marijuana, con Gerardo á cana e Milo ás drizas, chegou como un foghete!

A Marijuana púxose en primeiro posto cerca do final
E no último largo, a Marijuana entrou na meta, seguida da Lara Doce de Senho José, e da Jalerna, que fora en primeiro lugar durante boa parte da regata.
No final, a clasificación quedou así::
- Marijuana
- Lace Doce
- Jalerna
- Fuxe
- Cormorán de Ons
- Fungona
- Rosalía
- Fanequeira
- Javiota
- Enayr
- Mimela
- Funqueira
- Calloa
- Maraxe
- Beliña

Quedamos campeóns e aínda temos que subir a dorna?
Ao acabar, entre as tripulacións e @s colegas, subíronse as dornas para terra e para os remolques.

Con axuda é máis fácil!
Despois, a organización convidounos á tradicional cuchipanda, onde se discutiron as estratexias e anedotas da regata (obrigados Camping Miami! obrigados Senha Lola!)

Como sempre, houbo fartura!
E como non, tampouco faltou o discurso do Sr. Presidente na entrega de premios.

-U-lo patrón? -Ti trae o premio pacá!
E para non perder o costume, a festa continuou no Camping Miami, e non sabemos se acabaría con algunha cadeira descolocada! (e agora non falamos de dornas! 🙂 )
Podedes ver máis fotos e vídeos aquí: