A Meca vai en popa!

E que popa! Que popa!

Coas dornas de tope xa listas, fóronse aproveitando os días de sol para sacar A Meca do local e irlhe rascando un pouco o patente velho…

A rascar a obra viva. Á morta xa lhe deramos ben…

Cada barcaço!

Unha vez rascada a quilha, tivemos que imprimala para protexela e que o patente agharrase ben.

O quilhote da Meca recén imprimado. E haberá que cambiar o sin?

E despois, a primeira mansinha á obra viva:

Con ese porte a ver quen lhe di algho!

E como o tempo acompanhou estes días, aproveitouse para darlhe outra mansinha de patente e pintar tamén a obra morta:

Polo costado de estribor…

e polo de babor.

Dorna pintada, faltaban pequenos detalhes como perfilar ben o verdughilho e pararse a pintar con xeito o nome o e folio.

Nome e verdughilho

Recén pintadinho

Quedaron ben, non? 🙂

Unha vez seca, os enxeñeiros discutiron sobre a melhor receita para a cuberta e o interior, e despois de moito debater…

Novo look à cuberta

Coa axuda de tod@s, A Meca quedou preparada para a botadura, mirade como luse!

Así dá ghusto vela!

Como dixemos antes, A Meca vai en popa! E que popa!

Dorna como nova e ben protexida!