Publicado o Outubro 10, 2017
A Regata do Marisco, para a Nécora!
Nada menos que 24 dornas de toda a ría nos xuntamos no dique de abrigo este sábado para participar na Regata do Marisco 2017! Marabilhosa tarde de navegación!
Con coidadinho entre o aparelho, as patroas e os patróns analisaban os ventos, as marés, e trimaban as velas… Como outros anos, saída para o sur, virada á altura de Pardenhos, boia na Cabreira, e outra virada antes do Sinás: dúas voltas.
O Sr. Presidente, como é habitual, deu a saída con precisión á milésima (e sen cronómetro!).
Había pouquinho vento do noroeste, así que no primeiro largho comezaron os desmarques:
Para chegar á segunda boia, a norte da Cabreira, as dornas continuaban noutro larghinho…
A seguinte boia estaba de proa ao vento, así que despois da virada as dornas comezaban a bolinar…
Aínda que suave, alí fóra había un pouquinho máis de vento…
A maior parte das dornas preferiron ir buscar o vento alí fóra, mais outras viraron para o sur, aproveitando a marea.
Ademais dos catamaráns de paseo, as dornas tiveron máis visitas durante a regata:
E como as saídas de iniciación á navegación tradicional serviron para moito, novas patroas e tripulacións participaron na regata!
A meta foi na primeira boia, e alí estaba o Sr. Presidente & friends preparados coa busina reglamentaria!
A primeira dorna en chegar, a Nécora!
Seguida doutros carcamáns, a Bazarra!
En terceira posición, os irmáns Quin e Dani Otero na Faísca!
E así foron chegando o resto das dornas (as que acabaron…), con novos tripulantes como Peixe:
E outros máis veteranos, como Terra!
En fin, unha tarde moi boa para navegar, divertirse e continuar a promover as embarcacións tradicionais!
Clasificación:
- Nécora
- Bazarra
- Faísca
- Forza R
- Fuxe
- Noelia
- Bichasa
- Chunga
- Toxiña
- Zenaida
- Lara Doce
- Rosalía
- Marijuana
- Funqueira
- Cormorán de Ons
- Fanequeira
- Maraxe
- Montañesa
- Selosa
- Enayr
- Triñana
- Beliña
- Sikamontes
- Calloa
Nota: queixas da clasificación á directiva! 😀
Ao chegar a terra, as Amigas da Dorna Meca, cos representantes do concelho, tinhan todo preparado para a entrega de trofeus:
Parabéns á Nécora e ao resto das tripulacións!
E ademais dos premios, vímonos obrigados a repor forzas cunha boa cuchipanda da que preferimos non subir fotos para evitar envexas…
Obrigados ao Concelho d’Ogrove e á Festa do Marisco, á Serigrafía MEU, a A Factoría-Arte e Oficio e a Culturmar!
Tendes fotos da regata a maso nas seguintes galerías (de onde as roubamos nós…):