Publicado o Marzo 27, 2015
A traballar na Rubia

Lixando a cuberta co soprete na boca.
Aproveitando unhas tardes desocupadas, o comandante Ibor púxose a traballar na “súa” dorna de tope, deixándoa case niquelada agora que parece que vén o bo tempo. Esta embarcación é a Rubia, bautizada non hai moito tempo como Marijuana, ou Rubia-Marijuana, que é unha dorna de tope moi similar á Laxe de Boibas.
Como os últimos traballos foran todos no casco da dorna, primeiro tocou rascar e lixar un pouco por dentro. A pobre Rubia non se lembraba da última vez que lle fixeran corochas por alí!

A Rubia-Marijuana despois dos traballiños do ano pasado.
O comandate e algún capataz aproveitaron tamén para facer unhas panas novas, tan resistentes que algún ainda ha de acabar a saltos nelas.
E por último, unha lixiña pola cuberta, e choio feito! Con este ritmiño, en poucos días temos de novo a Rubia no mar!

Os traballos da Rubia-Marijuana avanzan a bo ritmo.
Xa sabedes que se vos apetece lixar e rascar, hai traballo para tod@s! Que non vai ser todo ir de festa!
(as fotos collémolas emprestadas do Facebook do patrón 😀 )
Dou fe de que esta quedando onei.
Aibor, aver cando me levas dar unha volta eh??
Poñedevos trankilos!!! Ai lista d spera, jajajjaja,teño k mirala agenda…