Actividades

Desde a súa fundación, os Amigos da Dorna Meca organizan e colaboran en diversas actividades, entre as que destacan as regatas celebradas no Grove:

Barcos en Moreiras, na xuntanza de 2014.

Barcos en Moreiras, na xuntanza de 2014.

Ademais das regatas, a asociación participa habitualmente en multitude de exposicións, actividades, conferencias, saídas abertas, etc. No ano 2014, coa colaboración da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, organizouse a IV Xuntanza de Embarcacións Tradicionais Deputación de Pontevedra.

Así mesmo, os barcos dos Amigos da Dorna Meca asisten habitualmente aos diferentes encontros de embarcacións tradicionais que se fan nas nosas rías, como os Encontros da FGCMF, a Concentración de Embarcacións Tradicionais de Combarro, ou a Concentración de Barcos Clásicos de San Vicente, entre outros.

Por último, os Amigos da Dorna Meca tamén son participantes habituais en todas as regatas de dornas que fan as diferentes asociacións de outras localidades galegas.

Imaxe previa á saída da Regata do Bao (Illa de Arousa) de 2011 (fotografía de Xan Caneda).

Imaxe previa á saída da Regata do Bao (Illa de Arousa) de 2011 (fotografía de Xan Caneda).