Regata dos Faros
A Regata dos Faros, que no ano 2015 fixo a súa XVIII edición, é unha das regatas de dornas a vela con máis tradición do Grove, realizada habitualmente na Festa do Carme. A saída é do porto do Grove, e o percorrido realízase arredor da baliza do Arido e dos faros do Galiñeiro, das Umias, e do Sinás (con variacións en función da meteoroloxía).