Alquitrén e outras substancias…

No último episodio contámosvos os primeiros trabalhos que lhe estamos a facer ás dornas de tope, ás que non lhes falta moito para voltar ao mar. Hai que ter en conta, ademais, que canto antes acabemos con estas, primeiro deixaremos lista A Meca e o Rakú!

A Meca aínda á espera dos choios…

Aproveitando que a choiva parou algún día, a Rubia, a Laxe de Boibas e a Maraxe foron de novo tomar o sol.

Alí ao fondo a trabalhar na Laxe e na Maraxe.

As máis avanzadas, a Laxe e a Maraxe, xa levaron varias mans de alquitrén e outros meghunghes, e tamén se lhes pintou o pinchón de proa e máis detalhes.

Duelo de proas!

Así que tocaba pórse a trabalhar un pouco na Rubia. O patente e o verdughilho estaban dados, mais aínda lhe faltaba un toque á madeira.

Patente e verdughilho da Rubia prontos.

Despois de pasarlhe unha lixinha á cuberta, a madeira parece que tinha sede…

Dádeme unha pouca Nivea, polo menos…

Unha limpeza xeral á dorna e…

Nin viruta nin serrín!

ao solinho, a Rubia comezou a chupar alquitrén…

Un panel enchorcadinho…

…e o cofete tamén.

Dado o alquitrén, o comandante Ibor preparou a súa fórmula máxica (pedídelhe a receita por WhatsApp) para a cuberta, e primeira man…

Dándolhe a primeira man á cuberta.

Un pouquinho máis de choio, e a Rubia xa ia colhendo outra cara…

Isto xa é outra cousa!

E mentres os barcos estaban ao sol, avanzouse no resto do material. Aceitinho ás panas, aos temóns, e a outras madeiras varias…

Aínda queren outra mansinha ao sol…

Entre tanto pau hai ter coidado de non se confundir!

Será o temón do Rakú? Ou un remo da Meca?

E, a xogo coa dorna, novo look rastafari para a Rubia.

Seguindo as cores tradicionais 🙂

O trabalho avanza, pero as mans non sobran! Coa axuda de tod@s, en breve a naveghar 😉