Ano novo, nova asemblea

O inverno ainda non fixo máis que comezar, pero os Amigos da Dorna Meca xa estamos a pensar na nova tempada.

Para iso, está convocada unha asemblea xeral este sábado día 30 de xaneiro, ás 19h, no Pavillón de Deportes Náuticos, como xa foi notificado e publicado na prensa.

Ademais dos puntos habituais, procederase a escoller unha nova persoa para o posto de secretaria/o, ben como a planificar as diferentes actividades que se organizarán no 2016.

Un ano máis, non faltedes!