As Mecas en Pasaia 2018!

Agora que xa pasaron uns días desde o Festival Marítimo de Pasaia, lembramos o paso dos Amigos da Dorna Meca por alí.

Vista da baía de Pasaia nos días do festival

O festival, con Galiza como país convidado, coincidiu co día das letras galegas. Como non tivemos tempo para ir por mar até ao País Basco, decidimos ir só até á Ilha de Arousa…

A amarrar A Meca no porto do Chufre.

…e alí carghar a dorna no cameón 😉

Embarcacións de diferentes colectivos de Culturmar rumo a Euskal Herria.

Xa en Pasaia, @s galeg@s mostramos a nosa cultura. Música…

Gaitas galegas en Pasaia.

E oficios tradicionais marinheiros como as redeiras…

Redeiras en Pasaia.

A xente estaba ben atenta.

E como non podía ser doutro xeito, os mecos tamén levamos representación musical!

Como posan para a televisión!

O primeiro día o ceu estaba algo fechado, mais tivemos unhas boas e tranquilas travesías…

A Rubiasa en primeiro plano.

Aquí un posado-robado 😉

Deixando todo onei para a próxima singradura!

A Pasaia non só foron embarcacións bascas e galegas, había barcos de procedencias moi diversas, como os esperados Kaskelot, o Hermione, ou o Saltillo.

A tripulación d’A Meca fascinada co Kaskelot.

Durante os varios días en Pasaia, ademais de desfrutar da cultura, gastronomía e historia basca, continuamos a navegar e a mostrar as nosas embarcacións…

A Meca por Donibane.

Outra volta…

E aquí co resto de galegos!

O domingo, último día do Festival, tocou arranchar os barcos, cargalos no camión, e vir de volta para a casa.

Como na ida, a Rubiasa veu por Combarro, e A Meca pola Arousa. E como había ansia de naveghasión, pois houbo que ir á ilha para traela de volta.

A Meca c’Ogrove á proa!

E ao chegar… estreamos pantalán! Mais esa xa é outra historia… 😉

Primeiro amarre d’A Meca no novo pantalán.

Eskerrik asko Pasaia! Vémonos daquí a dous anos!

As fotos roubámolas das páxinas de Facebook de Pasaia Itsas Festibala, de Culturmar, dos amigos da Reiboa, e de WhatsApps varios… 🙂

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*