Asemblea feita, o choio continúa

Como fora previsto, o pasado sábado 18 de marzo celebramos a asemblea ordinaria da asociación.

A xente concentrada antes de pasar á acción!

Ademais dos trámites e debates habituais, comezamos a prepararnos para a tempada deste ano, na cal tentaremos asistir con todas as embarcacións da asociación aos XIII Encontros, en Combarro, e a outras regatas e actividades do calendario.

Parte da directiva dominando as feras!

Entre as actividades propias, continuaremos coas regatas habituais: a dos Faros, a de Porto Meloxo, Camping Miami, e as regatas do Marisco.

Houbo tempo tamén para debater sobre os desexados pantaláns para embarcacións tradicionais… E entre opinións e discusións, algún espabilado preferiu aproveitar o tempo doutra maneira:

Vós seghide a falar, que aquí quen máis trabalha son eu!

E para que máis nov@s soci@s se incorporen aos Amigos da Dorna Meca, tamén continuaremos a realizar saídas de navegación, tanto para xente non iniciada como para a máis veterana.

Estade atentos e… vinde navegar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*