Asemblea Xeral 2015

O pasado 7 de Marzo tiveron lugar no Pavillón de Deportes Náuticos do Grove dúas asambleas (asemblea xeral ordinaria e asemblea xeral extraordinaria) da Asociación de Amigos da Dorna Meca.A primeira delas tivo como puntos centrais o estado de contas do asociación, aprobado por unanimidade, e a planificación da tempada 2015, da que iremos informando a través desta páxina.

Entre os puntos a debater estaba a escolla de datas para a Regata dos Faros 2015, celebrada nos últimos 2 anos no mes de Xuño. A asemblea apoiou maioritariamente a volta desta regata aos días da Festa do Carme. A pesar diso, esta decisión só será efectiva a partir do ano que ven, debido á grande coincidencia de regatas de dornas na Ría de Arousa ese fin de semana.

A asemblea xeral extraordinaria centrouse na elección de xunta directiva para a asociación. Así, a asemblea apoio a seguinte candidatura: José Manuel Triñanes Barral (presidente), Emilio Galiñanes Prol (vicepresidente), Anxo Vilar Aguiño (secretario), Begoña Barreiro (tesoureira) e Fernando Pérez Mascato (vogal).

Momento da Asemblea Xeral Ordinaria.