Irmandiña

A Irmandiña é unha dorna xeiteira construída en 2003 nos estaleiros Garrido do Grove. É a maior dorna do mundo.

A Irmandiña (foto dos estaleiro Garrido SL)

A Irmandiña (foto do estaleiros Garrido SL)

Esta dorna, de 9 metros e medio de eslora, foi deseñada para atravesar o océano Atlántico utilizando métodos tradicionais de navegación (travesía que finalmente non se levou a cabo).

Despois de estar un tempo cedida na ENT Dorna da Illa de Arousa, a Irmandiña voltou ao estaleiro en 2014 para incorporar un motor intraborda e para substituír a anterior vela de relinga por un aparello con vela cangrexa e foque. Nesta etapa tamén foi pintada novamente, coa cor que actualmente loce.

A Irmandiña no Memorial Tito Silva de Cambados, 2014.

A Irmandiña no Memorial Tito Silva de Cambados, 2014.

Podes ver a ficha da dorna Irmandiña na páxina do proxecto dorna. E o seu proceso de construción no seguinte vídeo: