Cadernas da Historia. Arte e Oficio da Dorna

Un ano despois da súa presentación, o documental Cadernas da Historia. Arte e Oficio da Dorna, realizado por Bruno Ordóñez con guión de Víctor Gallego (ambos d’Ogrove), difúndese na súa versión completa a través da Internet.

En palabras de Mardefondo Producións:

“Esta obra documental, trata de darnos unha perspectiva de cómo mudaron dúas profesións nas que se mesturan arte e oficio. Unha desde o punto de vista da construción e outra desde a visión que proporciona a navegación e pesca. Non sabemos cando naceu a arte ou o oficio, porque o que chega a nós é o resultado.”

O vídeo completo, con subtítulos en castellano, pode verse en YouTube:

Parabéns aos autores e obrigados pola difusión. Esperamos ver as próximas partes desta triloxía!