Chegan as Regatas do Marisco!

Xente dorneira, este fin de semana vén carghadinho de actividades! Temos dúas regatas oficiais (a vela e a remos) e unha extra-oficial, todas elas con saída do Corgho.

Regata do Marisco de Dornas a Vela

Como vén sendo habitual, a programación da Festa do Marisco inclúe a Regata do Marisco de Dornas a Vela, que este ano se celebra o sábado día 10, con saída ás 16:00.

Saída da Regata do Marisco de 2011 (Foto: A. Agrelo)

Esperemos que o tempo nos acompanhe (parece que si), para poder desfrutar dunha bonita regata cun percorrido moi visual próximo de terra.

Desafío a Remos

Un ano máis, remeiros dos Amigos da Dorna Meca, carcamáns da ENT Dorna, e ghatos dos Amigos da Dorna de Portonovo, faremos uns paseos entre o peirao do Corgo e a ponte da Toxa para ver quen ganha a Dorna de Bronce do Desafío a Remos 2015.

Momento do Desafío a Remos de 2013 (Foto: X. Caneda)

Como en edicións anteriores, a saída será ás 17:00!

Pachanga fin de tempada

Tamén como é habitual, aproveitando que o 12 de outubro hai quen non traballa, este luns faremos unha regata informal que pon fin á tempada de regatas 2015. En principio a navegación será pola manhá, para que vaia entrando a fame… (avisade con tempo para preparar a cuchipanda!)

Un fin de semana cheo de cousas para ir despedindo esta tempada. Xa sabedes, quen queira navegar, que non perda a oportunidade!