E a Meca foi ao mar!

Os traballos non paran no local da Asociación, e como hai que ter os barcos listos para os Encontros deste ano, fai falta espazo para ir acabando os choios.

Como xa dixemos, a Meca estaba case lista, así que antes de que chegase o fin de semana levou unha mansinha de patente.

A Meca co patente recén dado.

Xa no novo carro, tamén se probou o temón… pena que non collese pola porta con el!

Dá ghusto vela así co temón posto!

Co novo vehículo, parece que levala ao porto non foi tan difícil. Pero con este puntal, houbo que esperar á chea para botala.

Xa case se poñía o sol cando a marea nos deixou traballar…

Non había vela nin apetecía voghar… así que nos botaron unha man!

Avante toda! Gracinhas Celes!

E… xa que non temos pantalán onde amarrar os barcos, a rainha das dornas tivo que ir para o fondeo.

Ai, que lonxe nos queda! Cando poderemos ter os barcos á man?

Xa coa Meca no mar, continúan os traballos para deixar listos o Rakú e a Rabandeira!

Ah! E obrigado a Antón polas fotos!