E pasou a Regata dos Faros

As previsións do tempo non eran moi boas. Vento sur constante para todo o sábado con fortes rachas ao mediodía. Pero notouse que había ghana de regata, e no Corgo xuntáronse 20 dornas chegadas por mar e por terra de varios puntos da ría.

Parte da organización a discutir o percorrido: á Toxa? Non, home, non! Ás Umias!

A saída era para as 12h, pero amablemente esperamos por algunhas dornas que chegaron pola hora portuguesa 🙂

Ás 13h comezou a XVIII Regata dos Faros, 19 dornas (unha preferiu ir a pique ao lado de terra que alá nas Umias 😉 ) saíron do Porto d’Ogrove nunha empopada á baliza do Arido.

Na saída xa se foron formando algúns grupos…

Dalí viraron en dirección ao faro das Umias, co vento do sur subindo cada vez máis, e comezando a chover.

Xa se ía notando máis o mar

Ao pasar o ghalinheiro notouse máis o mar, e na virada das Umias máis de catro tiñan cara de sofrimento, pero a regata era bonita bonita!

Ainda así conseguiron poñela dereita!

Despois de pasar o grupo de cabeza, e co cambio de marea, cerca das Umias perdéronse algunhas varas de esplacar, palas e madeiras varias.

O grupo da cabeza virando o faro das Umias.

A pesar de que moitos tentaron seguir, cinco dornas pediron papas e foron remolcadas a terra.

reboque

Lévame pa terra que xa me cheghou de molladura!

O grupo de cabeza, dominado por carcamáns, achegábase ao final da regata, facendo podio a Bazarra, a Mimela, e Forza R.

Xa en terra, e despois dunha divertida entrega de premios tamén pasada por agua…

Chove ou que?

Campeóns!

…os Amigos da Dorna Meca axudaron a quentar un mundo de corpos mollados cunha boa pitança!

Pa comer hai xente!

Obrigados a todos os participantes pola asistencia, e a todos os que colaborastes para que a regata saíse ben, fose segura, bonita, e deixase as barrighas ben cheas!

(podedes ver máis fotos nesta galería da nosa páxina de facebook, ou nesta outra dos amigos d’A Torre de Cambados)

2 comentarios en “E pasou a Regata dos Faros

  1. ai a calloa que casi non ajuanta a calloa!

  2. Não foi para tanto… Chegando ao Faro das Úmias foi quando a gente começou a apagar os puros e soltar as copas de Cardhu 😀