Moito navegou A Meca este ano!

Este ano á Meca démosnhe a maso! Fomos a encontros, participamos en regatas, fixemos saídas con nov@s soci@s e con xente con interese na navegación tradicional, demos paseos pola ría…

Aínda en maio, levamos A Meca a Marín (previo paso por Portonovo) para navegar (e ganhar!) na regata Rodríguez Toubes.

A Meca en Marín (Foto: desmarque.es)

E ao acabar? Quen leva a dorna de volta a Ogrove?

Pasando Picamilho de volta á casa

Durante o verán, fixemos saídas de iniciación á navegación, visitas ás Ilhas Atlánticas, paseos durante regatas de dornas polbeiras…

meca_rua

A Meca na Ilha de Rúa

E tamén levamos A Meca á festa Muros mira ao mar

Por fóra da ría, rumo Muros!

E chegamos ben!

Quen nos dera un amarre así n’Ogrove!

Sen vento, con néboa e choiva, trouxemos A Meca tamén de Muros…

Non vai ser todos os días con sol!

Fixemos tamén algunha que outra viaxe a Palmeira, para presumir de dorna pola banda do norte…

Rumo norte!

Amarrados en Palmeira

E a mediados de agosto, outra vez fóra da ría: primeiro… a esperar á Irmandiña que chegaba da Corunha!

Todo claro?

Despois, caminho a Pedras Negras para a Regata das Ilhas Atlánticas.

Na Regata das Ilhas Atlánticas

Vamos equipa!

E como aos poucos días comezaba a XXI Concentración de Embarcacións Tradicionais… dorna para Combarro!

Na travesía Pedras Negras a Combarro

En Combarro, con ventinho fresco, pudemos desfrutar da navegación entre Tambo e Marín…

A tripulación d’A Meca en Combarro

Marín á proa!

Acabando a concentración, a idea era levar A Meca a Ogrove, mais a media manhá do domingo entrou un forte temporal que nos obrigou a deixar o barco en Portonovo!

Resgardada en Portonovo

Outra vez… quen trae a dorna para a casa? Aos poucos días, cando o tempo o permitiu, tripulación, e a navegar!

De Portonovo a Ogrove con Ons ao fondo

Picamilho, Ons, Pombeiro… cantas veces vos vimos desde A Meca este ano?

A Meca e Ons…

E como as drizas estaban un pouco enleadas…

Aínda tivemos tempo de cambiar as drizas sen deixar de navegar!

E en setembro… outra vez a Sanxenxo! Idas, voltas, regatas…

A escota d’A Meca e o mar da Lanzada

A Meca pola popa na Ría de Pontevedra

Xa na casa, navegacións a Cambados, máis saída pola Arousa…

A Meca saíndo de Cambados en outubro

Tanto navegou A Meca que pasou por todas: dous ris e facendo banda, encalmadas, a motor, a remo…

Con vento fresco en Tambo…

Chegando a Ogrove case en calma…

A boghar un pouquinho en Muros… só pa quentar o corpo!

A dorninha (dornaça!) pode con todo! Que non pode máis somos nós! Así que… chegado novembro, toca varar a dorna:

A discutir a estratexia

Sempre se molhan os mesmos? 😉

Dorna no carro, xente tranquila

Ten boa pinta! Que ben se conserva!

Avante toda!

Choio listo!

Choio case listo! Falta sacar o pau! E quen pode con el?

Palo fóra!

Aghora si que si! Xa en terra, toca limpala, saneala, e deixala ben gardadinha para que continúe a darnos tantas boas navegacións, e a divulgar o noso patrimonio!

Longa vida á dorna Meca!

 

[hai fotos roubadas de redes socias varias… obrigados aos autores!]

Un comentario en “Moito navegou A Meca este ano!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*