Navegando na Memoria: Exposición XX Anos dos Encontros d’Ogrove

Cartaz da Exposición – Aniversario dos XX dos Encontros d’Ogrove.

Como moit@s de vós xa sabedes, este ano 2017 cúmprense 20 anos dos III Encontros de Embarcacións Tradicionais, organizados polos Amigos da Dorna Meca en xulho de 1997.

Non podíamos deixar pasar esta ocasión para lembrar o trabalho realizado polos membros da asociación, pola xenta da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, e por todas as persoas, colectivos e institucións que dun ou doutro xeito axudaron a que aquela festa saíse tan ben!

Por iso nestes 20 anos organizamos unha exposición que serve non só como aniversario do evento, mais tamén como homenaxe a todas as persoas que o levaron a cabo, e como lembranza do impacto que tiveron os III Encontros tanto na nosa vila como na continuación da promoción e divulgación do noso patrimonio marinheiro.

Na exposición poderedes ver, ademais de barcos, fotos, textos, noticias, e vídeos dos Encontros d’Ogrove. Inaugúrase este mércores 22 de novembro, ás 20h na Carpa Institucional da Praza do Corgo, e contaremos coa presenza de varios dos organizadores, que lembrarán como se organizou aquel evento.

Staffan Mörling á cana d’A Meca nos Encontros de 1997 (Foto: JM Rodríguez)

Como aperitivo deixámosvos aquí un pequeno vídeo do interior da Carpa dos Encontros:

Lembrade que na sección Documentos podedes encontrar a revista, o programa e o libreto:

Capa da Revista dos III Encontros de Embarcacións Tradicionais (clica para ver a revista completa).

Por moitos máis Encontros, vémonos na exposición!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*