Nin o furacán pudo coa Marijuana en Miami

Nin o furacán nin o resto das 15 dornas que se xuntaron este sábado na praia do Espinho de San Vicente puderon bater a Marijuana, que ganha novamente a “Regata de Dornas á Vela Camping Miami Playa“.

Os campeóns (repetidores) recolhendo o premio.

Antes de comezar, co bandulho aínda cheo xa viamos como o ventinho, do noroeste, non deixa de subir, así que patróns, patroas e outra tripulación ía botando as dornas ao mar mentres decidía se colher ou non algún ris…

A Nova Froíña, de Vigo, cun ris colhido.

A Fanequeira, en vez de ris, preferiu levar vela pequena 🙂

Aínda non chegara o furacán á costa e, infelizmente, xa tivemos a primeira vítima 🙁 : un dos tripulantes da Noelia levou un pequeno susto ao baixar a dorna no varadoiro. Rapidamente se lhe aplicaron os primeiros auxilios antes de acudir a un profisional. Boa recuperación, camarada!

Mentres uns baixaban as dornas, outros aparelhábanas na praia…

Xa coas dornas no mar, o percorrido foi o habitual nesta regata. Saída do porto nunha empopada até aos Raeiros, volta en bolina até á baliza verde de entrada no porto, e virada novamente na zona da saída.

Na empopada xa se ía notando que o vento aumentaba…

A vixente campeoa, a Marijuana, despuntou xa desde o inicio. Despois de dar a primeira virada só a Triñana e a Mimela a vían de cerca.

Na primeira virada algunhas dornas xa comezaban a escorar rumo oeste…

Canto máis se afastaban as dornas de terra, maior era o tamanho das ondas, polo que algunhas tripulacións comezaban a sofrer un pouquinho antes de virar para o porto.

A Rosalía, a Cormorán de Ons e a Montañesa preparándose para a empopada da segunda volta.

Como o vento continuaba a subir, e o mar por fóra non era pouco, algunhas dornas preferiron baixar vela e vir para terra…

Na segunda volta xa se vían menos dornas a velear…

e outras tiveron algún probleminha que as fixo ir a pique 🙁

No fin da segunda volta a linha de meta colocouse na entrada da praia, polo que os metros finais foron máis espectaculares! Ao acabar a regata, a cousa acabou así:

  1. Marijuana
  2. Triñana
  3. Nova Froíña
  4. Mimela
  5. Lara Doce
  6. Cormorán de Ons
  7. Rosalía
  8. Fanequeira
  • Calloa
  • Ortelinda
  • Maraxe
  • Moura
  • Montañesa
  • Ruliña Dos
  • Noelia

Só 8 dornas fixeron o percorrido completo, 5 abandonaron, a Noelia non chegou a comezar, e a Ruliña Dos… digamos que fixo un itinerario alternativo 😀 😀 😀

Como sempre, a xente do Camping Miami Playa portouse fantasticamente con tod@s nós, e alí tivemos unha boa festa de fin de regata con entrega de premios, comida e bebida a fartar!

Que bonitos os temóns e as canas dos trofeus! E aproveitamos xa para publicitar a próxima regata!

Obrigad@s ao Camping Miami, ao resto de patrocinadores, e ás tripulacións e asociacións asistentes! Xentes d’Ogrove, da Ilha, de Ribeira, de Cambados, de Vigo…!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*