Non paramos!

Como muinho parado non ghana maquía, nós continuamos a trabalhar para ter todos os barcos listos o antes posíbel.

As dornas de tope estaban case listas, morrendo por un pouco de salitre, e a Laxe de Boibas non aguantou máis.

Manolo a voghar carghadinho de ilusión!

A Laxe a inchar…

E para que inchase un pouco, deixamos a Laxe fondeada cunha pouca água. Pero non sabedes como é o conto?

Ao pouco tempo houbo quen se puxo nervioso: como o patrón tinha pena de ver a dorninha tan lonxe, non tardou moito en vila amarrar máis ao abrigho.

A amarrar a Laxe cerca de terra. Ao lado, a Cormorán de Ons e a Trinhana.

Entretanto, e visto que a Rubia estaba tamén case pronta, tamén lhe tocou un chumbinho:

Outra vaca no milho!

Igual que a sua irmá, a Rubia tamén a deixamos enchorcada uns dias, e finalmente hoxe tocou reflotala:

Non miredes só para a Laxe xa aparelhadinha! Alí ao fondo están a reflotar a Rubia!

As dornas de tope xa listas para naveghar, e A Meca xa vai en popa

(pero sighen a faser falta mans!!! 🙂 )