O melhor vai acabando…

Quen non nos siga pola nosa páxina de Facebook ha de pensar que levamos semanas parados, sen facer nada, coas dornas abandonadas… E non, hó!?

O 1 de outubro (despois de adiarse a primeira data) estivemos na IX Regata de Dornas á Vela Porto Meloxo.

Dornas saindo do esteiro…

onde nos xuntamos unhas 20 dornas nunha fermosa regata. As cinco primeiras dornas foron: Jalerna, Faísca, Forza R, A Rona e a Fuxe.

Vindo do Faro das Pedras

Podedes ver unha galería de fotos da regata neste álbum, e nesta noticia de Todogrove.

Unha semaninha despois celebramos a Regata Festa do Marisco de Dornas á Vela, coincidindo co inicio desta festa.

As proas antes da saída

A travesía foi moi divertida, con varias bolinas e través entre a Toxa e o porto, que a convertiron nun espectáculo bonito de ver.

Nunha bolina coa Toxa ao fondo

Na regata volveu ganhar a Jalerna, seguida da Forza R, da Fuxe, da Nova Froiña e d’A Rona, e un bo grupo de dornas que no total chegaban ás 25.

Se queredes ver máis fotos desta regata, tendes esta galería do noso Facebook, e esta outra de Todogrove.

E con pouco tempo de descanso, ao día seguinte ás 11 da manhá tivemos o Desafío Arousa de Dornas a Remos, no que competiron, ademais do equipa anfritrioa meca, remeiros da Ilha de Arousa (campeóns do ano pasado) e de Cambados (convidados).

O primeiro longo…

A regata, en tres longos entre o porto e a ponte da Toxa, venceuna a equipa de Cambados, seguidos dos remeiros d’Ogrove e dos da Ilha respectivamente. Así que @s amig@s de Cambados gardarán o trofeo até o ano que vén!

Coidádea ben!

Podedes ver máis fotos nesta galería do noso Facebook, ou nesta outra da Asociación A Torre.

E aínda han de pensar alghúns que fixemos pouco? Ai que leria… pois tamén asistimos coa Meca, a Irmandiña e a Laxe de Boibas ao Memorial Tito Silva de Cambados!

A Meca navegando no Memorial Tito Silva (Foto: Lino Prieto)

Parécevos pouco? E se vos dicimos que fixemos unha boa pachanga para fechar a tempada?

A tripulación d’A Meca, antes de saír rumo Cambados!

O 23 de outubro, xuntamos unha boa tropa de dorneir@s, fixemos varias tripulacións, e a navegar!

A Marijuana en aguas cambadesas!

Un larguinho até Cambados, volta para Ogrove, e a comer!

A Irmandiña voltando de Tragove

Navegantes experientes, nov@s soci@s e afeccionad@s desfrutando dunha xornada de navegación e celebración! (fotos aquí e vídeos aquí)

O ano aínda non acabou pero… po que vén máis e melhor!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*