Publicado o Xullo 30, 2015
O racusinho volveu navegar
Como sabedes, o noso emblemático Rakú botou o verán pasado en terra, despois dunhas pequenas reparacións na quilha e nos costados feitas nos Estaleiros Garrido.

O Rakú ao sair do asteleiro: como novo!
Había moita ansia por velear de novo nel, e moit@s morrían por probar (de novo, ou por primeira vez) a súa vela de martelo.

O Rakú nos Encontros de Carril, 2011.
Así que, ás ordes do patrón Gerardo, un grupo de peóns como Milo, Anxo, Elvis, Moja, Manolo ou Bruno, puxéronse mans á obra para deixar o racusinho como merecía.

Primeiro unha lixinha… e un pouco de verde!
Entre man e man de azeite e de meghunghe, e despois de durísimas discusións sobre que cores levaría…

Que presiosidá, e ainda había a quen non lle ghustaba…
Como levaba un tempinho en seco, e o sol batía ben, decidiuse democraticamente que o barco necesitaba un chumbinho…

Bótate patrás que sae a sombra na foto!!!

Que sede tenho… chumbádeme xa!

Ah… isto xa é outra cousa…
Así, despois de ben inchadinho e duns arranxos na vela, o racú volvía navegar.
Como xa dixemos por aquí, o Rakú tamén foi aos Encontros de Cabo da Cruz, onde volveu ensinar aos amantes da navegación tradicional a súa fermosa fasquía!

A navegar á mala en Cabo.
Se vos interesa o Rakú, tendes máis información del nesta interesante colaboración do companheiro Lino Prieto no blog Bou de Vara.
Ídevos pondo á fila para navegar neste barcaço!