Publicado o Xuño 23, 2015
Organizándonos para o Encontro de Cabo da Cruz

Cartaz do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais
O pasado sábado día 20, no Museo do Pobo Galego, presentouse oficialmente o XII Encontro de Embarcacións Tradicionais, que xa conta con case 100 barcos inscritos!
Como xa dixemos por aquí, os Amigos da Dorna Meca vamos participar no Encontro levando todos os barcos da asociación.
O conto é que se vai achegando a data, así que necesitamos urxentemente que @s soci@s e interesad@s en asistir nos confirmedes qué días ides, tanto para organizar as tripulacións de cada barco, como para colaborar coa organización en relación ás comidas, ceas e aloxamento. Atención, este ano estase a barallar a posibilidade de cobrar por cada comida (serían uns 5€, informaremos cando sexa definitivo).
Xa sabedes, podedes avisarnos polos medios habituais, ou na nosa páxina de contacto!