A Meca ganha a IX Regata das Illas Atlánticas!

Este fin-de-semana celebrouse, organizado polo Club Náutico de San Vicente do Mar a IX edición da Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época, aquela que os Amigos da Dorna Meca ganhamos o ano pasado!

E como o ano pasado, ademais da regata, A Meca tamén ganhou o II Campeonato Galego de Clásicos Agabace, fomos encantad@s recolher o premio do 2015.

Aí os tendes, cousa bonita! (foto: Xan Caneda)

Ler mais

Desafío Irmandiña II: Corunha -neboeiro- San Vicente

Na primeira parte da crónica do Desafío Irmandiña xa vos contamos que a navegación polo Cantábrico foi boa (aínda que por momentos dura), con ventos portantes do norte até chegar a Sada.

Mais o tempo foi cambiando. Despois de que as tripulacións visitasen a cidade da Corunha, na tarde do sábado (13 de agosto), a Irmandiña saía con dirección ao porto de Pedras Negras. Despois dunha noite de navegación, a néboa era mesta, o vento pouco, e a previsión non era melhor.

Así saía a Irmandiña da Corunha.

Ler mais

Desafío Irmandiña I: 340 milhas náuticas á vela en dorna

Como xa avisaramos, a Irmandiña partiu o pasado 9 de agosto do porto de La Baule para percorrer as 340 milhas que o separan da vila galega de Sada.

A Irmandiña nunha regata anterior das Illas Atlánticas (foto: desmarque)

Ler mais

A Irmandiña inicia manhá o II Rally La Baule – San Vicente

Manhá día 9 de agosto, a dorna meca Irmandiña, partirá das aguas francesas de La Baule para dar inicio ao II Rally La Baule – San Vicente / Rallye Galice 2016 (organizado polo Yacht Club Classique de La Rochelle e por Agabace), que ten prevista a súa chegada entre os días 14 ou 15 deste mes, despois de facer parada en Sada e na Corunha os dias 12 e 13.

Na regata participarán máis de 16 barcos clásicos e de época, e continuará, despois de chegar a San Vicente, polas rías baixas, con navegacións, entre outras, até ás Ihas Cíes (podedes ver aquí o programa provisional). Así, coa participación da Irmandiña neste evento, os Amigos da Dorna Meca continuamos a trabalhar pola difusión e promoción internacional das embarcacións tradicionais, como xa fixemos noutras ocasións (vencendo o II Campeonato Galego de Clásicos Agabace, ou a XX Regata Almirante Rodríguez-Toubes) coa propia Irmandiña, ou co’A Meca e a Rabandeira.

A Meca e a Irmandiña (foto A. Sueste)

Ler mais

A Rona ganha a XIX Regata dos Faros

O pasado sábado, 16 de xullo, celebrouse a XIX Regata dos Faros, nunha tarde que quedou perfecta para unha navegación tranquila. No porto xuntáronse unhas 18 dornas que, ademais das d’Ogrove, chegaron de Portonovo, da Illa de Arousa e de Ribeira.

Como a previsión non era de moito vento, decidiuse facer unha única volta a un percorrido que saía do porto d’Ogrove, pasando polo faro das Umias e pola baliza do Arido.

A primeira parte, con vento do noroeste, fixo que houbese unha bonita navegación en bolina até o faro das Umias, onde a Marijuana dominou unha boa parte da regata.

Unha imaxe da saída da regata (foto roubada dos Amigos da Dorna de Portonovo)

Ler mais