Regata Illas Atlánticas 2015: enchemos o podio!

Este fin de semana celebrouse en San Vicente a Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época, na que os Amigos da Dorna Meca participamos con tres dornas: as dúas mecas A Meca e a Irmandiña, e a xeiteira Rabandeira.

O mal tempo (con forte vento do sur) provocou que a segunda etapa (prevista para o domingo) non se disputase, polo que a clasificación final coincidiu cos resultados da etapa do sábado.

Os barcos da asociación participaron na clase Cíes, e como avisamos no título, os resultados non puderon ser mellores!

Imaxe da saída: a Meca xa despuntaba… (Foto: desmarque.es)

Ler mais

Por que necesitamos amarres?

Desde hai máis de 25 anos, os Amigos da Dorna Meca organizamos e participamos nun grande número de actividades culturais e deportivas, con obxectivos como a recuperación, a difusión e a posta en valor do patrimonio marítimo galego e meco, sendo actualmente, con máis de 100 socios, unha das principais asociacións culturais de Ogrove. Ler mais

Até sempre Luís!

Hoxe temos que lamentar o pasamento de Luís Rei.

Un veciño do Grove que dedicou moito do seu tempo ao estudo, reivindicación, documentación e fomento da Cultura Marítima, tanto de Galicia como da nosa vila, peza fundamental do que hoxe representa este movemento. Ler mais

Próximos eventos. Tripulantes: onde andades?

Este mes de agosto vén carghadinho de eventos, así que pedimos un pouco de organización para facer as tripulacións dos barcos nas diferentes saídas planificadas.

Ademais da XII Xuntanza de Embarcacións Tradicionais de Moanha, vai haber diferentes actividades en varios puntos das Rías Baixas. Ler mais

O racusinho volveu navegar

Como sabedes, o noso emblemático Rakú botou o verán pasado en terra, despois dunhas pequenas reparacións na quilha e nos costados feitas nos Estaleiros Garrido.

O Rakú ao sair do asteleiro: como novo!

Había moita ansia por velear de novo nel, e moit@s morrían por probar (de novo, ou por primeira vez) a súa vela de martelo. Ler mais