Non paramos!

Como muinho parado non ghana maquía, nós continuamos a trabalhar para ter todos os barcos listos o antes posíbel.

As dornas de tope estaban case listas, morrendo por un pouco de salitre, e a Laxe de Boibas non aguantou máis.

Manolo a voghar carghadinho de ilusión!

Ler mais

A Meca vai en popa!

E que popa! Que popa!

Coas dornas de tope xa listas, fóronse aproveitando os días de sol para sacar A Meca do local e irlhe rascando un pouco o patente velho… Ler mais

Alquitrén e outras substancias…

No último episodio contámosvos os primeiros trabalhos que lhe estamos a facer ás dornas de tope, ás que non lhes falta moito para voltar ao mar. Hai que ter en conta, ademais, que canto antes acabemos con estas, primeiro deixaremos lista A Meca e o Rakú!

A Meca aínda á espera dos choios…

Ler mais

Semana de procesións

Nesta semana que acaba, @s dorneir@s tamén fixemos algunha procesión por Peralto, aínda que esta vez non levamos ao lombo as santas dornas mecas. Primeiro, dornas pa fora…

Menos A Meca, todas as santas pa fóra!

Antes de comezar a procesión, revisamos que todo estivese en orde

Técnicos de diferentes xeracións dándolhe o Ok á Laxe de Boibas

Ler mais

Volvemos ao trabalho!

Como xa fora anunciado, este sábado día 30 celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria dos Amigos da Dorna Meca.

Xuntámonos no Pavillón de Deportes Náuticos de Peralto case 30 persoas (estando aí o entroido algúns andaban a afinar a ghorxa), con vontade de trabalhar neste ano que comeza.

Este ano reunímonos no medio das piraguas 😉

Ademais de se aprobaren os trámites habituais (acta da asemblea anterior, estado das contas, etc.), nesta ocasión tamén se aprobou por unanimidade a incorporación á secretaría da asociación de Iria Fernández (substituíndo a Anxo Vilar). Estamos seguro de que fará un trabalho excelente!

A nova secretaria (xunto co presidente e a tesoureira), estreándose no cargo

Dentro das actividades previstas para este ano 2016, destacamos a volta da Regata dos Faros ás Festas do Carme (nos últimos anos a regata coincidira co desembarco pirata). Deste xeito, esta regata reforza o obxectivo de homenaxear as xentes do mar.

Ademais da organización das actividades habituais (regatas de Porto Meloxo, Camping Miami, e do Marisco), tamén se iniciou a creación de grupos de trabalho para a realización de xornadas divulgativas para a promoción do patrimonio marítimo d’Ogrove. Na asemblea tamén tivemos tempo para discutir unha interesante proposta para fomentar o asociacionismo entre persoas de diferentes xeracións que utilizamos as embarcacións tradicionais.

Sobra dicir, tamén, que na asemblea se manifestou a vontade de continuar a participar no maior número de eventos de divulgación das embarcacións tradicionais, como os diferentes encontros, regatas, e outras actividades relacionadas.

E por se fora pouco, comezamos o ano con novas incorporacións! Forte benvida ás novas socias!