E a Meca foi ao mar!

Os traballos non paran no local da Asociación, e como hai que ter os barcos listos para os Encontros deste ano, fai falta espazo para ir acabando os choios.

Como xa dixemos, a Meca estaba case lista, así que antes de que chegase o fin de semana levou unha mansinha de patente.

A Meca co patente recén dado.

Xa no novo carro, tamén se probou o temón… pena que non collese pola porta con el!

Dá ghusto vela así co temón posto!

Ler mais

O galego marinheiro

Como vén sendo habitual cada 17 de Maio, Día das Letras Galegas, moitos colectivos aproveitan este día de exaltación da nosa cultura para faceren actos relacionados co mundo do mar.

Este ano, os colegas carcamáns da ENT Dorna homenaxearon a poeta Luz Fandinho, e botaron dúas dornas novas, unha delas construída aquí n’Ogrove.

Os Patexeiros tamén celebraron a II Festa da Botadura, na cal botaron 5 barcos ao mar, iniciando así a tempada de navegación.

Ademais, o programa Vivir o Mar, da TVG, emitiu unha edición especial sobre o léxico galego do mar, onde o dialectólogo Francisco Fernández Rei incluiu varias referencias ás falas d’Ogrove e da Ría de Arousa.

Clica na imaxe para ver o vídeo!

En Campanha

A unha semaninha das eleccións, a candidatura dos Amigos da Dorna Meca continúa a traballar arreo para preparar a nova lexislatura dorneira.

Deu tempo a acabar o novo carro de varada para as dornas xeiteiras:

O Sr. Presidente cheo de gharbo mentres o Sr. Manolo analisa o choio.

Como sobrara un pouco tinto dalgún acto electoral, tamén se aproveitou para deixar a tono a dorna maior, A Meca:

A Meca coa obra morta recén pintadinha. Como di o outro: “Patente e po mar”.

E como este ano vai haber moito que celebrar, tamén deixamos listo o noso cuartel xeral! Ler mais

Trabalhos varios

Despois de estrear a nova vela da Laxe e dalgunhas saídas de reconhecemento, tocou de novo pórse mans á obra para avanzar cos traballos pendentes, que o bo tempo vén aí, e queremos ter os barcos no mar!

Entre outras cousas, coa axuda do carpinteiro Pablo, fixéronse uns remos novos para a Rabandeira, encordados maxistralmente por Senho José.

Os novos remos da Rabandeira. Quen queira voghar que avise!

Ler mais

A familia crece!

Había en Meloxo unha dorna que andaba un pouco falta de cariño. Quería volver ser aquela dorna ghanadora da que todo o mundo falaba, ou polo menos catar o salitre e o fel de vez en cando.

Uns meses atrás encontrou un novo armador disposto a adoptala e a tratala como merecía. Levouna para a casa, e a dorninha volveu pasar un inverno en familia.

Houbo que quitarlle unhas capas de pintura…

A pobre dorna morría de sede, así que o novo armador fartouna de liñasa e alquitrén. Xa ía recuperando a cara bonita, e ao darlle unha pinturiña nova xa non se acordaba dos invernos ao frío!

folio

Foliando a dorna xa pintadinha!

E por fin chegou o gran momento! O día en que volvía tocar o mar! Entrou un nortinho pola ría e… bautisada! Ler mais