Chega a regata do Porto!

Porto Meloxo! Non vos confundades!

Despois de que os Amigos da Dorna Meca enchésemos outra vez o podio en San Vicente, este sábado día 12 de setembro vaise celebrar a edición 2015 da Regata de Dornas a Vela Porto Meloxo, organizada polos Amigos da Dorna Meca coa colaboración do Café Bar o Porto e da Taberna Meloxeira.

Cartaz da Regata de Porto Meloxo 2015.

Lembrade que nesta regata a saída faise coas dornas (xa aparelladas) varadas na praia. Como dependemos da marea, temos que comezar puntuais, así que antes das 16:00h hai que estar listos!

Xente, vémonos en Meloxo!

III Regata de Dornas a Vela Camping Miami Playa

Dorneir@s, este próximo sábado día 5 de setembro ás 16h (4 da tarde para @s despitad@s), na praia do Espinho de San Vicente, vaise celebrar a III Regata de Dornas a Vela Camping Miami Playa, organizada polo propio Camping coa colaboración -entre outras entidades- dos Amigos da Dorna Meca.

Momento da II edición da regata, en 2014

Como noutros anos, esperamos desfrutar dunha bonita tarde de navegación, tendo en conta que esta é unha das poucas regatas que transcorren fora da(s) ría(s), o que lle dá un carácter especial.

Dornas chegando á meta tamén na II Regata de Dornas a Vela Camping Miami Playa.

Lembrade que, despois da cuchipanda, contaremos coa música ao vivo de Oscar Lorrey (ás 22h30), e que @s participantes na regata tenhen acampada gratis!

Para que non vos esquezades, repetimos:

  • Data: Sábado 5 de Setembro de 2015
  • Hora: Saída puntual ás 16h00
  • Lugar: Praia do Espinho, San Vicente

Non faltedes!

Regata Illas Atlánticas 2015: enchemos o podio!

Este fin de semana celebrouse en San Vicente a Regata Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época, na que os Amigos da Dorna Meca participamos con tres dornas: as dúas mecas A Meca e a Irmandiña, e a xeiteira Rabandeira.

O mal tempo (con forte vento do sur) provocou que a segunda etapa (prevista para o domingo) non se disputase, polo que a clasificación final coincidiu cos resultados da etapa do sábado.

Os barcos da asociación participaron na clase Cíes, e como avisamos no título, os resultados non puderon ser mellores!

Imaxe da saída: a Meca xa despuntaba… (Foto: desmarque.es)

Ler mais

Por que necesitamos amarres?

Desde hai máis de 25 anos, os Amigos da Dorna Meca organizamos e participamos nun grande número de actividades culturais e deportivas, con obxectivos como a recuperación, a difusión e a posta en valor do patrimonio marítimo galego e meco, sendo actualmente, con máis de 100 socios, unha das principais asociacións culturais de Ogrove. Ler mais

Até sempre Luís!

Hoxe temos que lamentar o pasamento de Luís Rei.

Un veciño do Grove que dedicou moito do seu tempo ao estudo, reivindicación, documentación e fomento da Cultura Marítima, tanto de Galicia como da nosa vila, peza fundamental do que hoxe representa este movemento. Ler mais