Regata dos Faros 2015

Dorneiras e dorneiros, os Amigos da Dorna Meca inauguran a tempada de regatas coa XVIII edición da tradicional Regata dos Faros!

Saída ás 12:00 da mañá!

A regata vai ser este sábado día 13 de xuño, con saída do porto d’Ogrove ás 12:00. Como tamén é tradicional, despois haberá cuchipanda (para quen a meresa).

Desde a asociación esperamos que nesta edición volva participar un bo número de dornas, e que tanto as tripulacións como o público desfrute dunha bonita regata. Lembrade que ao longo do día haberá outras actividades do Desembarco Pirata.

Bos ventos, e esperámosvos no Corgo!

Remozada cada ano

irmandiña 001

Se a temporada pasada  a Irmandiña voltaba ao mar con un cambio na arboladura, lucindo un aparello de maior en cangrexa, foque e trinqueta; despois de varias travesías, que son a mellor das probas, tomouse a decisión de aumentar o lastre da dorna, a fin de asentala e mellorar a navegación.
irmandiña 003

Pois mans á obra, o que se fixo foi confeccionar un suplemento para o quillote que xa tiña a Irmandiña, cando estivo recheo de lastre encabillouse ao existente e procedeuse a soldalo en condicións para convertelo en una peza única. E xa metidos en faena: lixa, pintura, “majunje” para o interior e a cuberta… e ao mar!

irmandiña 002

Esta fin de semana as velas da Irmandiña foron vistas pola ría , entrando en Cambados e atracando na banda do mar, máis concretamente no pequeno porto de Escarabote; boas xornadas de navegación pero sin vento fresco como para meter o corredor no mar e ver como marea co novo equipamento.

E a Meca foi ao mar!

Os traballos non paran no local da Asociación, e como hai que ter os barcos listos para os Encontros deste ano, fai falta espazo para ir acabando os choios.

Como xa dixemos, a Meca estaba case lista, así que antes de que chegase o fin de semana levou unha mansinha de patente.

A Meca co patente recén dado.

Xa no novo carro, tamén se probou o temón… pena que non collese pola porta con el!

Dá ghusto vela así co temón posto!

Ler mais

O galego marinheiro

Como vén sendo habitual cada 17 de Maio, Día das Letras Galegas, moitos colectivos aproveitan este día de exaltación da nosa cultura para faceren actos relacionados co mundo do mar.

Este ano, os colegas carcamáns da ENT Dorna homenaxearon a poeta Luz Fandinho, e botaron dúas dornas novas, unha delas construída aquí n’Ogrove.

Os Patexeiros tamén celebraron a II Festa da Botadura, na cal botaron 5 barcos ao mar, iniciando así a tempada de navegación.

Ademais, o programa Vivir o Mar, da TVG, emitiu unha edición especial sobre o léxico galego do mar, onde o dialectólogo Francisco Fernández Rei incluiu varias referencias ás falas d’Ogrove e da Ría de Arousa.

Clica na imaxe para ver o vídeo!

En Campanha

A unha semaninha das eleccións, a candidatura dos Amigos da Dorna Meca continúa a traballar arreo para preparar a nova lexislatura dorneira.

Deu tempo a acabar o novo carro de varada para as dornas xeiteiras:

O Sr. Presidente cheo de gharbo mentres o Sr. Manolo analisa o choio.

Como sobrara un pouco tinto dalgún acto electoral, tamén se aproveitou para deixar a tono a dorna maior, A Meca:

A Meca coa obra morta recén pintadinha. Como di o outro: “Patente e po mar”.

E como este ano vai haber moito que celebrar, tamén deixamos listo o noso cuartel xeral! Ler mais