Publicado o Xuño 24, 2019
XXII Regata dos Faros
Este ano vamos atrasados: comezou o verán mais ainda non comezaron as regatas!
Para acabar con este problema, este sábado día 29 de xuño de 2019, con saída puntual ás 16h00, terá lugar a XXII edición da Regata dos Faros de dornas á vela!
Así que, arranchando as dornas que isto comeza! Vémonos en Peralto dorneir@s!
Publicado o Maio 11, 2019
A varar A Meca
Este inverno entre unha cousa e outra (e porque houvo onde deixalos…), aínda non varamos todos os barcos da asociación. Amarrados e coidados están, pero unha mansinha de cando en vez tamén lha hai que dar!
O conto foi que nos xuntamos uns poucos para varar A Meca:
Ainda que a manhá estaba para ir dar un saile, desta vez tocou proa ao varadoiro…
Moit@s pensaredes que varar unha dorna é cousa fácil, mais A Meca é moita dorna de diola! Meter o carro ali abaixo costa un pouco…
Primeiro tentouse desde terra…
Despois outra tentativa en seco…
Ao final, acabamos á maneira tradicional: a alghún tocoulhe molharse para que a cousa fose con xeito..
Coa axuda do maquinista Gerardo, dorna en seco rapidamente
E unha vez amarradinha, a modinho pa riba!
Primeiro choio feito! 🙂
Aínda falta o seghundo! Quen bota unha man para deixar A Meca onei!
Obrigados a Nini, Manolo, Iván, Eduardo, Gerardo, e a Tinso! (e dos que nos esquecemos tamén!)
Publicado o Abril 4, 2019
Asemblea Xeral Ordinaria 2019
Dorneir@s: este sábado día 6 de abril, ás 17h30 en primeira convocatoria e ás 18h en segunda, vaise celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria da nosa asociación, coa seguinte orde do día:
- Leitura da acta da asemblea anterior (e aprobación, se proceder).
- Estado actual das contas.
- Calendario de actividades 2019.
- Grupos de trabalho.
- Normas e seguridade nas regatas.
- Escola de vela 2019.
- Rogos e preguntas.
Como xa sabedes, a asemblea realízase no Pavillón de Deportes Náuticos d’Ogrove. Vémonos ali dorneir@s!
Publicado o Decembro 28, 2018
A molhar os pés.
Isto non pode ser: o ano a acabar e as dornas sen invernar! 😉
Como vamos tendo onde amarrar os barcos, e o tempo non se portou mal de todo coas dornas este outono, varias das embarcacións dos Amigos da Dorna Meca ainda están no mar. Mais como tamén queremos que os nosos barcaços se mantenhan en óptimas condicións, decidimos varar as dornas de tope antes de fin-de-ano.
Primeiro tocoulhe á Laxe de Boibas. Houbo que boghar até ao varadoiro, e amarrala ben de proa…
Coa dorna amarrada, hai que acalmar a fera, que se non está tranquila levanta a cabesa!
Mentres uns moven os veículos desde terra, tócalhes a outros molhar os pés..
Mais os Amigos da Dorna Meca dominamos os trabalhos de altura…
Como a Laxe non se amansou de todo, custoulhe entrar no carro. Pero esta experiencia serviu para varar a Rubiasa con máis estilo..
Uns por terra outros por mar, e dorna arriba!
Cun pouco de axuda o trabalho vaise facendo, e así podemos continuar a trabalhar nas dornas para as conservar ben e podermos navegar e desfrutar delas nos próximos anos.
Obrigados pola axuda e boas festas, dorneiros!
Publicado o Outubro 12, 2018
And the Sentolo goes to…
…Cristina García, Joaquín Ángel Triñanes Fernández, o Hotel Bosquemar e… a Asociación Amigos da Dorna Meca! Moitas inda non o cremos hoxe, mais desde que nos dixeron que a nosa asociación fora escolhida para un dos galardóns da Gala dos Sentolos de Ouro 2018 non colhemos na cuncha!
A gala, onde poderedes como lhe tremen os pés a parte da directiva, este venres día 12 de outubro ás 20h da tarde, na carpa institucional.
Este premio reconhece a a importancia do trabalho realizado polo noso colectivo nos seus máis de 30 anos de historia, nos cales se recuperou unha tipoloxía desaparecida como as dornas xeiteiras mecas e se adaptaron á vela dornas de tope e un racú, fomentamos a navegación tradicional á vela organizando regatas e participando en encontros, divulgamos a nosa cultura marítima en artigos en revistas, e moitas máis cousas que todas e todos sabedes 🙂
Enfín, que agradecemos moito este premio, que vivan as embarcacións tradicionais e longa vida aos Amigos da Dorna Meca!
Máis información: