X Regata de dornas á vela Porto Meloxo

Sabiades que desde hai 10 anos se organiza a Regata de Porto Meloxo? Pois este sábado día 16 de setembro de 2017, con saída puntual (se non a marea…) ás 16hX Regata de dornas á vela Porto Meloxo!

Xa hai plan para este sábado!

Alí nos vemos dorneir@s!

Nin o furacán pudo coa Marijuana en Miami

Nin o furacán nin o resto das 15 dornas que se xuntaron este sábado na praia do Espinho de San Vicente puderon bater a Marijuana, que ganha novamente a “Regata de Dornas á Vela Camping Miami Playa“.

Os campeóns (repetidores) recolhendo o premio.

Antes de comezar, co bandulho aínda cheo xa viamos como o ventinho, do noroeste, non deixa de subir, así que patróns, patroas e outra tripulación ía botando as dornas ao mar mentres decidía se colher ou non algún ris… Ler mais

V Regata de Dornas á Vela “Camping Miami Playa”

Este sábado 9 de setembro con saída puntual ás 16h00 na praia do Espinho de San Vicente do Mar, V Premio-Regata de Dornas á Vela Camping Miami Playa, organizada por este camping coa colaboración (entre outros) dos Amigos da Dorna Meca e da FGCMF.

Normas: ghana quen primeiro cheghe sen faser ranhucadas!

A arranchar as dornas!

Saídas de iniciación á navegación tradicional

No inicio do verán avisamos polas redes sociais que, un ano máis, iriamos facer saídas de iniciación á navegación tradicional.

Cartaz para promover as saídas de iniciación á navegación tradicional.

O obxectivo destas saídas é, por un lado, dar a conhecer o patrimonio marítimo galego e difundir a navegación tradicional, ensinando non só a navegar á vela, mais tamén recuperando o léxico marinheiro propio desta actividade. Por outro lado, aproveitamos as saídas para enriquecer tanto a base social do noso colectivo como o tecido cultural desta vila. Cantas máis persoas interesadas e involucradas na recuperación da navegación tradicional, máis fácil será coidar dos nosos barcos, ver máis velas de relinga pola ría, e recuperar embarcacións con pouco ou ningún uso. E, por suposto, pasalo ben!

 

Veleando en dorna Meca Pola ría de Arousa.

Publicado por Xan Caneda Gonzalez em Quarta-feira, 26 de Julho de 2017

Ler mais

A Meca ganha novamente a Regata das Illas Atlánticas!

Este fin-de-semana celebrouse, con saída do porto de Pedras Negras, a X Regata das Illas Atlánticas de Barcos Clásicos e de Época. Como xa vos adiantamos, a nosa asociación participou con dúas dornas xeiteiras: A Meca (patroneada por José Manual Triñanes, Moja) e a Irmandiña (con Pepe Garrido á cana).

A Meca (foto: desmarque)

Ler mais