Publicado o Agosto 18, 2017
Continuamos a velear
O verán avanza, e os Amigos da Dorna Meca seguimos a promover a navegación tradicional na costa galega. Así, este fin-de-semana vámonos dispersar para participar en dúas regatas tanto coas dornas xeiteiras (A Meca e a Irmandiña) como coas dornas polbeiras. Ler mais
Publicado o Xullo 17, 2017
A Fuxe, vencedora da XX Regata dos Faros
O pasado sábado, como anunciamos por aquí, celebrouse en aguas mecas a XX edición da Regata dos Faros de dornas á vela.
Nos días anteriores ao evento, prevíase algo de vento fresco, polo que a organización estivo a debater intensamente o percorrido da regata e posíbeis alternativas. Finalmente, decidiuse unha ruta similar á de pasadas edicións, con saída do Porto d’Ogrove, unha virada na baliza do Arido, outra por dentro do faro do Sinás e outra perto da Cabreira (e así, dúas voltas).

Todo baixo control!
Publicado o Xullo 10, 2017
XX Regata dos Faros
Outro ano máis (e xa van 20!) chega a Regata dos Faros ás aguas mecas. Coincidindo coas Festas do Carme, vamos celebrar esta regata de dornas polbeiras á vela con saída do Porto d’Ogrove ás 16h00 deste sábado día 15.

Cartaz da XX edición da Regata dos Faros.
A regata está organizada pola nosa asociación, Amigos da Dorna Meca, e conta coa colaboración do Asador Marisquería Xantar da Ría, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), e do Concelho do Grove.
E non temos moito máis que dicir. Vémonos este sábado n’Ogrove!
Publicado o Xuño 27, 2017
A caminho do XIII Encontro
Este ano o Encontro de embarcacións tradicionais chega á XIII edición, que se celebrará en Combarro este próximo fin de semana, do 29 de xunho ao 2 de xulho. Esta edición do grande evento da cultura marinheira galega é organizada polo CM A Reiboa e pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coa colaboración do Concelho de Poio.
Publicado o Xuño 2, 2017
Cos barcos no mar… a navegar!
Xa sabedes que temos todos os barcos no mar, non? Pero antes houbo que trabalhar!

Dando-nhe á Meca!
Xa hai unhas semaninhas, deixamos lista A Meca. Pintura e patente novas, e un bo trabalho na cuberta: Ler mais