Saídas de iniciación á navegación tradicional

No inicio do verán avisamos polas redes sociais que, un ano máis, iriamos facer saídas de iniciación á navegación tradicional.

Cartaz para promover as saídas de iniciación á navegación tradicional.

O obxectivo destas saídas é, por un lado, dar a conhecer o patrimonio marítimo galego e difundir a navegación tradicional, ensinando non só a navegar á vela, mais tamén recuperando o léxico marinheiro propio desta actividade. Por outro lado, aproveitamos as saídas para enriquecer tanto a base social do noso colectivo como o tecido cultural desta vila. Cantas máis persoas interesadas e involucradas na recuperación da navegación tradicional, máis fácil será coidar dos nosos barcos, ver máis velas de relinga pola ría, e recuperar embarcacións con pouco ou ningún uso. E, por suposto, pasalo ben!

 

Veleando en dorna Meca Pola ría de Arousa.

Publicado por Xan Caneda Gonzalez em Quarta-feira, 26 de Julho de 2017

Dentro desta actividade estamos a realizar saídas todas as tardes dos luns e dos mércores. Nos primeiros días toca estudar un pouco o material teórico e os diversos documentos dos Amigos da Dorna Meca 🙂

Partes da dorna! Hai que levalas ben aprendidas!

Se somos moitos, saímos n’A Meca ou en varios barcos. Se somos menos, aparelhamos unha ou dúas dornas de tope ou polbeiras.

Hoxe somos unha boa tropa, A bordo!

Nas primeiras saídas, o obxectivo é que @s podréns atendan. Pouco a pouco comezan a colaborar coas manobras.

Colhendo un ris: ante todo precausión!

O patrão dando unha clase teórica-práctica! Atendede ben!

Á medida que se desenvolven enriba do barco, van levando a cana ou a escota, sempre coa supervisión dun adulto 😉

Déixoche a cana, mais aínda non me fío…

E o resto que atenda ás sircustansias

Atendede á vela!

Un explica, outro atende, o resto aprende.

E despois de varias saídas, quen atenden son os profesores.

Xa me vou fiando da patroa: podo beber un grolinho.

Uns días saímos con norte…

Nortinho fresco, a ver aonde chegamos!

E voltamos con sur…

De bolina en bolina e aínda há-de parar o vento…

Outros saímos con travesía…

Atenta tripulación!

E voltamos con calma podre…

Non sei eu se cairá o ventinho… Canto aventuras?

Ide preparando os remos!

O conto é aprender todas as tarefas, principalmente boghar!

Básico! Fundamental!

E así foi pasando o mes de agosto: novas incorporacións, nov@s dorneir@s, e novas patroas que esperamos ver nas próximas regatas e actividades!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*