Semana de procesións

Nesta semana que acaba, @s dorneir@s tamén fixemos algunha procesión por Peralto, aínda que esta vez non levamos ao lombo as santas dornas mecas. Primeiro, dornas pa fora…

Menos A Meca, todas as santas pa fóra!

Antes de comezar a procesión, revisamos que todo estivese en orde

Técnicos de diferentes xeracións dándolhe o Ok á Laxe de Boibas

A Rubia vendo como a Laxe se preparaba para a saída…

Como había bastantes devot@s, tamén se lhe deu unha mansinha á Maraxe, que levaba un tempinho en seco…

Dándolhe un novo look á Maraxe!

E como o trabalho non era tanto, foise levando ben.

Está a quedar onei, ou non?

A Maraxe case lista, e as dorninhas de tope listas para a seguinte tarefa

As dornas de tope ao cair o sol

Mais… avisounos Pemán que o tempo mudaba, así que houbo cambio de planos: trabalhar a cuberto non fora ser que a choiva escaralhase o choio! Así que… dornas pa dentro…

A Laxe ao abrigho, á espera do patente.

A grande Meca tamén levou unhas corochinhas, pero aínda quere algho mais de carinho…

De quen será esa man?

E para ir deixando os choios listos, patente novo para a Laxe!

Por fin acabou a cuaresma!

Así que, ademais dos trabalhos de oficina (que non paran!), no local vanse deixando os barcos prontos para ilos botando ao mar cando melhore un pouquinho o tempo… teremos onde amarralos?

Ah, e ide organizándovos xa co Calendario de Actividades 2016!

Un comentario en “Semana de procesións

  1. Xa se facia longa a espera, a xente tiña janas de furular.vo traballo.