Tarde de varadas

varada 2

Despois de tres dias intensos no que se refire a actividade no mar, toca ir preparandoo todo para o inverno. Nesta soleada tarde de mércores ocupámonos de levar para o lavadero a Laxe de Boibas, a Rubia e o Rakú, así que arriando cabos e a bogar con toda a marea chea, a varar…

varada 1varada 4

Logo tocou empregar unha depudara técnica que mistura inxeñería e tracción animal, quer dicir, o carriño de varar e os voluntarios tirando polo cabo amarrado á proa… i en estes sinxelos pasos consíguese unha estampa tan bonita coma esta. Os cabos, drizas, remos e demais acastillaxes foron para o local, onde irán tamén os barcos nos próximos días para estaren a bo recaudo durante a invernada. Mentras que A Meca pasa pasou para o tira-vira, onde está algo máis ao abrigo, á espera de que lle toque a varada, ainda que disposta a sair a navegar en calquera momento.

varada 3

A pesar de que o vran xa vai alá, hai quen non se resigna, e nos ofrece estas estampas erótico-festivas en primeira liña de atraque, por expresa petición do interesado non amosamos a súa cara, cousas do pudor…