Xa están aquí as Regatas do Marisco

Como nos últimos anos nestas datas, os Amigos da Dorna Meca organizamos dúas regatas de dornas na Festa do Marisco: á vela e a remos!

Este sábado día 8 de outubro, con saída puntual ás 16h, a Regata do Marisco de Dornas á vela.

E xa no día seguinte, domingo día 9, Desafío a Remos, ás 11h da manhá, entre os equipos d’Ogrove, Ilha de Arousa e Cambados.

Cartaz da Regata do Marisco e do Desafío a Remos 2016

Boa proa dorneir@s!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*