Xa fun a Marín

xa pasei o mar…

Este fin de semana celébrase entre as rías de Pontevedra e de Arousa a XX Regata Almirante Rodríguez-Toubes, puntuábel para o Campeonato Galego de Clásicos Agabace (do que a A Meca é vixente campeona!).

Desde os Amigos da Dorna Meca temos interese en asistir a este tipo de actos para promover e prestixiar tanto as embarcacións como a navegación tradicional en todo o tipo de ámbitos.

E como a regata comezaba o sábado desde Marín, había que levar A Meca até alí. Máis de catro preparáronse para a travesía e…

Espera aí… non falta nada?

Faltáballe o palo! Ai mimadrinha, e aonde vamos nós sen mastro! Os enxeñeiros comezaron a debater, se chamar a un bateeiro, se chamar a Tombelo…

Isto vai a pan de milho, meu!

Pois a pan de milho, ló!

E fómolo subindo por etapas:

Mirade pa foghonadura, non vaia ser o conto

Mal de todo parece que non vai…

Feito!

E estará direito?

A min paréceme que está…

Parece que si…

E despois de colocar o pau… tira pa Marín

Quietos todos que hai equipo!

E se facemos escala en Portonovo?

Así que o xoves á tardinha levamos A Meca a Portonovo, para saír o sábado cedo desde alí até Marín…