Publicado o Xullo 26, 2018
Xarandeira, Fuxe, e Bazarra, podio da XXI Regata dos Faros
Así como quen non quería a cousa, case 30 dornas participaron na XXI Regata dos Faros, que celebramos o sábado pasado no Porto d’Ogrove. E iso tendo en conta que varios patróns estaban ausentes, e outros a festexar o XXV aniversario dos I Encontros de Ribeira!
A regata tivo o recorrido habitual: saída do porto dirección á baliza do Orido; dalí, volta por dentro do Faro das Lobeiras e por fóra do Pragheiro. Para acabar, antes de deixar o Sinás por estribor, houbo que vir por fóra dunha das boias das bateas de Meloxo. Como a distancia non era pouca, cunha volta cheghou ben 🙂
Tivemos vento constante de noroeste, duns 10 nós que nos deron unha moi boa tarde de navegación. Con esta perspectiva, a saída para o Orido foi nun larghinho. Aquí varias dornas xa se foron colocando en cabeza.
Despois da primeira virada, houbo quen preferiu ir para norte, e quen decidiu pór proa a Peralto, para ver o melhor o panorama 😉 De calquer maneira, ao subir para o Pragheiro o vento aumentou un pouco, e xunto co mar que había, deixou varias viradas bonitas…
Nesta altura, o podio xa estaba case feito, a Xarandeira ía en primeiro lugar seguida da Fuxe, e da Bazarra.
Aínda que tampouco faltou tanto!
No resto do ghrupo, a pericia das tripulacións facía variar algún que outro posto.
E no fin, a cousa acabou así:
- Xarandeira
- Fuxe
- Bazarra
- Forza R
- Maristela
- Fungona
- Noelia
- Madorniña
- Marijuana
- Montañesa
- Zenaida
- Mimela
- Lara Doce
- Toxiña
- Bandalla
- Rosalia
- Triñana
- Cormorán de Ons
- Selosa
- Nerea
- Roxiña
- Funqueira
- Maraxe
- Muller de Balboas
- Pedro Madruga
- Laxe de Boibas
- Ortelinda
- Beliña
E que melhor cheghada que unha ghaiteirada! E despois cuchipanda, claro 😉
Mención especial ás dornas de tope (Muller de Balboas e Laxe de Boibas) que tamén andaban no medio! E aos companheiros da Madorniña, que vinheron desde Bouzas para reghatear con nós!
En fin, aínda quedan bastantes reghatas este ano, mais falando de Faros… para o ano máis e melhor!
Podedes ver máis fotos neste álbum do Facebook.