Publicado o Abril 3, 2018
A adecentar A Meca
Desde as últimas saídas de outubro e novembro, A Meca quedara amarrada para pasar o inverno. Mais como o inverno tamén pasou, tocaba darlhe un pouco de carinho á dorna…

Será melhor trabalhar en terra, non?
Primeiro, conseguir man de obra, e varar a dorna.

Bogha, bogha!
Uns trabalhan desde o mar, outros desde terra!

Os técnicos analisando a operasión…
E despois de varias manobras nas que a fotógrafa tamén tivo que trabalhar arreu…

Vira a babor!
Deixamos a dorna á porta da casa para unha primeira revisión.

Chorrea aí que hai arneirón do primeiro mío!
Primeiro lavamos ben a dorna, quitamoslhe o máis ghordo, e a rascar!

Ai! Co que nos ghustaba esa cor…
Rascamos a obra morta polos costados…

Xa case rascadinha.
E a viva. A Meca xa ía tendo outro aspecto…
Na cuberta tamén había que trabalhar, así que mans á obra!

Marián dándolhe duro!

Rule tamén!
Canta máis xente, melhor queda o choio! Mirade como avanzou!

Xa pouco lhe faltaba…

A cuberta tamén parecía outra 🙂
Coa dorna decapada, @s obreir@s preparaban a posión máxica e revisaban a embarcación en detalhe.

Que seque que seque que xa se encharcará!

Revisións de primeira!
Coidamos a clavasión e algunha imperfesión…

Melhor prevenir que remediar!
E pouco a pouco, a darlhe de beber á madeira…

Xa se lhe ve outro aquel…

Un pouco pola amura…

Media dorna lista!
O pinchón de proa tinha un pequeno probleminha…

Isto hai que deixalo como novo!
Decapamos, limpamos, lixamos…

Aí se lhe ve a pesa.
E case listo!

Perfeito!
Nas revisión tamén encontramos alghún que outro desperfeito na tapa da reghala e nunha caverna. Así que os carpinteiros de ribeira puxéronse a trabalhar:

Convertindo un simple pau nunha obra de arte!
E adaptándoo á fasquía d’A Meca:

O remendo da tapa da regala.
Pa faselo, faselo ben! Unha caverna tamén se renovou:

A nova caverna en proceso.

Analisando a obra…

E a esperar!
Había quen non se fiaba, mais podemos confirmar que foi un choio fino, fino!

Que estilaso!

Nin feito de encargha!

Desde todas as perspectivas.
E cando non chovía (que alghún día houbo), tamén se aproveitou para deixar listas outras pezas: unha lixinha, uns retoques, e aseite en vena!

O palo…

A cana…

E o temón!
E pouco a pouco, A Meca renovadinha e lista para navegar outra vez! Estade atent@s que este ano vai ser moooito, meu!