A caminho do XIII Encontro

Este ano o Encontro de embarcacións tradicionais chega á XIII edición, que se celebrará en Combarro este próximo fin de semana, do 29 de xunho ao 2 de xulho. Esta edición do grande evento da cultura marinheira galega é organizada polo CM A Reiboa e pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, coa colaboración do Concelho de Poio.

Como vén sendo habitual, os Amigos da Dorna Meca levaremos todos os barcos da asociación, ademais de participarmos con outras embarcacións de socios e amigos. Podedes ver os barcos inscritos no encontro nesta páxina.

O programa do XIII Encontro vai ser moi variado e interesante, así que animámosvos a todos a participar, a conhecer máis da nosa cultura marinheira, e a desfrutar da navegación nas aguas da Ría de Pontevedra! Lembrade que, se queredes navegar connosco, o melhor é contactarnos previamente! 🙂

Podedes ver o programa definitivo na páxina de Facebook do XIII Encontro, ou baixalo en formato pdf aquí mesmo. E consultar a web oficial do encontro, e a súa páxina de Facebook.

Cartaz do XIII Encontro

Por moitos anos de encontros, boa proa a Combarro!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*