A flota descansa

Uns días despois de varar os barcos, preparándoos para a súa hibernaxe, foise adiantando trabalho para que todo o material pase o inverno en boas condicións.

A semana pasada laváronse ben as velas e os cabos, para que se conserven o melhor posíbel para a próxima tempada.

A mangueiraso limpo!

…e ao clareo!

Este sábado, dedicámolo a gardar as embarcacións. Ao longo da manhán movemos os barcos pequenos: un par de carrinhos para a quilha e un par de ducias de mans, e desfilaron aos poucos para o Pavillón de Deportes Náuticos.

Con axuda é sempre máis fácil!

Primeiro foi o Rakú, aproveitando a viaxe para darlhe quilha arriba e subilo aos cabaletes.

Vinde vós que fan falta mans!

Quilha arriba!

Despois entrou a Rubia e, finalmente, a outra dorna de tope, a Laxe de Boibas.

A Laxe de Boibas de caminho…

Xa pola tarde, coa marea subindo, tróuxose A Meca para o lavadero.

Preparando A Meca para varala.

A pesar de que costou un pouco metela no carro, tamén a varamos e está lista para entrar no local a descansar durante o inverno.

A Meca e a Laxe de Boibas xa en terra, á espera do último baldeo do ano.

Con todos os barcos xa en terra, e o material ben coidadinho, toca descansar un pouco e centrarse noutras actividades que nos ocuparán nos próximos meses.

Un comentario en “A flota descansa