Regata do Marisco
Coincidindo coa fin de tempada e coa Festa do Marisco do Grove, celébrase desde hai máis de 10 anos a Regata do Marisco, que ten saída do Porto do Grove con percorrido entre o paseo marítimo e a Illa da Toxa. Este percorrido permite que as dornas estean na maior parte do tempo próximas de terra, facendo que sexa unha regata moi vistosa de ver.