Aparelhando en terra: a nova vela da Rubiasa no Aldara

Presentación da nova vela da Rubiasa, colaboración da Tapería Aldara. Foto: Lino Prieto

Todos os anos se ponhen en contacto con nós persoas interesadas en iniciarse na navegación tradicional: as máis valentes queren ir ao mar o primeiro día, mais hai quen prefire aprender as nocións básicas antes de ir ao mar.

Onte sábado tivemos unha desas actividades de iniciación á vela tradicional. En terra!

Habia moita expectación en Terra de Porto, uns dos nosos barrios marinheiros por excelencia: a primeira clase teórica ía ser alí, á porta do Aldara!

Cando comeza isto? E pescaremos algo en terra?

Nota importante: para aprender a subir a vela, hai que ter vela!

A nova vela da Rubiasa, aínda gardadinha

Unha vez dominadas as partes da dorna, tocou aprender a enverghar e a ostaghar:

Un pouco máis da ansia! Se estiveses no mar…!!!

E… vela arriba!

Como loce o logo do Aldara!

Xa está ben para a primeira clase: a próxima, no mar!

Todo isto non sería posíbel sen a axuda da Tapería Aldara, que colabora cos Amigos da Dorna Meca coa nova vela que a Rubiasa lucirá a partir de agora por toda a ría (e parte do estranxeiro)!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*