Publicado o Xuño 4, 2018
As Mecas en Pasaia 2018!
Agora que xa pasaron uns días desde o Festival Marítimo de Pasaia, lembramos o paso dos Amigos da Dorna Meca por alí.
O festival, con Galiza como país convidado, coincidiu co día das letras galegas. Como non tivemos tempo para ir por mar até ao País Basco, decidimos ir só até á Ilha de Arousa…
…e alí carghar a dorna no cameón 😉
Xa en Pasaia, @s galeg@s mostramos a nosa cultura. Música…
E oficios tradicionais marinheiros como as redeiras…
E como non podía ser doutro xeito, os mecos tamén levamos representación musical!
O primeiro día o ceu estaba algo fechado, mais tivemos unhas boas e tranquilas travesías…
A Pasaia non só foron embarcacións bascas e galegas, había barcos de procedencias moi diversas, como os esperados Kaskelot, o Hermione, ou o Saltillo.
Durante os varios días en Pasaia, ademais de desfrutar da cultura, gastronomía e historia basca, continuamos a navegar e a mostrar as nosas embarcacións…
O domingo, último día do Festival, tocou arranchar os barcos, cargalos no camión, e vir de volta para a casa.
Como na ida, a Rubiasa veu por Combarro, e A Meca pola Arousa. E como había ansia de naveghasión, pois houbo que ir á ilha para traela de volta.
E ao chegar… estreamos pantalán! Mais esa xa é outra historia… 😉
Eskerrik asko Pasaia! Vémonos daquí a dous anos!
As fotos roubámolas das páxinas de Facebook de Pasaia Itsas Festibala, de Culturmar, dos amigos da Reiboa, e de WhatsApps varios… 🙂