Publicado o Abril 25, 2018
Asemblea, e a Pasaia!
A semana pasada, os Amigos da Dorna Meca celebramos a nosa asemblea ordinaria, onde entre outras cousas aprobamos o calendario de actividades 2018 (do que daremos noticias máis adiante cando tenhamos as datas definitivas…).
Mais unha das actividades máis importantes nas que participaremos este ano, é sen dúbida o Festival Marítimo Pasaia 2018. Este encontro de embarcacións tradicionais vaise celebrar na vila basca de Pasaia entre o 17 e o 21 de maio.

Cartaz do Festival Marítimo de Pasaia 2018.
Debido ao labor dos colectivos de recuperación das embarcacións tradicionais galegas, e tendo en conta o importante impacto da emigración galega na sociedade de Pasaia, o festival decidiu que Galiza fose o convidada de honra desta edición.
Para iso, Culturmar levará a Pasaia un importante número de barcos, nos que se encontrarán (polo menos) as nosas dornas A Meca e a Rubiasa.
Podedes ver aquí os barcos inscritos, e buscar pola páxina do festival as diferentes actividades, concertos, etc., e máis información sobre como ir e que facer en Pasaia.
Este ano vémonos en Pasaia!