Asemblea Xeral Ordinaria 2019

Dorneir@s: este sábado día 6 de abril, ás 17h30 en primeira convocatoria e ás 18h en segunda, vaise celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria da nosa asociación, coa seguinte orde do día:

  1. Leitura da acta da asemblea anterior (e aprobación, se proceder).
  2. Estado actual das contas.
  3. Calendario de actividades 2019.
  4. Grupos de trabalho.
  5. Normas e seguridade nas regatas.
  6. Escola de vela 2019.
  7. Rogos e preguntas.

Como xa sabedes, a asemblea realízase no Pavillón de Deportes Náuticos d’Ogrove. Vémonos ali dorneir@s!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*