Barcos

A asociación Amigos da Dorna Meca conta neste momento con 5 embarcacións propias, das que desfrutan tanto as persoas asociadas como as interesadas na navegación tradicional.

Ademais, moitos membros da asociación contan con dornas polbeiras, tramalleiras e de tope coas que saen a navegar nas actividades que organizan e nas que participan os Amigos da Dorna Meca.

Entre outras embarcacións, a asociación tamén se fixo cargo (en diferentes épocas) doutras embarcacións tradicionais como a dorna xeiteira Rabandeira, ou a lancha xeiteira Nova Marina.