Rakú

Este barco pertence a unha tipoloxía de embarcacións chamada racú, daí o seu nome.

O Rakú foi recuperado pola asociación en 1996, cedido por un mariñeiro de Cambados, navegando a vela durante os Encontros de 1997. Anos despois, en 2009, foi reconstruído no Centro de Formación A Aixola, procedéndose novamente ao seu aparellamento.

O Rakú navegando en San Vicente.

O Rakú navegando en San Vicente.

O Rakú en Peralto.

O Rakú en Peralto.

Esta embarcación ten unha quilla de 18 cuartas (tendo unha eslora de 5,15 metros, xa que as medidas non se corresponden coas das dornas ou gamelas), e aparella vela de martelo.

As características que definen aos racús son a súa popa redonda e unha manga uniforme ao longo do casco. Como as dornas de tope, tamén se adaptaron ben ao motor intraborda, polo que se utilizaron para o traballo até non hai moito tempo.